PEQUENOS TRABALLOS

Atendemos os traballos pequenos. Cambiar un enchufe, unha chave da luz, unha lámpada, etc. Non te preocupes nós solucionámoscho.

Se estás aburrido de ver sempre os mesmos enchufes, as mesmas chaves da luz, as mesmas lámpadas e o que queres é dar un ambente diferente ao teu fogar, traballamos coas mellores marcas, SIMON, BTICINO, PHILIPS etc. Pídenos orzamento sen compromiso, e verás un ambiente novo no teu fogar.


MANTEMENTO

Somos especialistas en mantemento de locais, negocios e comunidades, non se preocupe polas pequenas avarías que poidan xurdir no seu negocio ou comunidade, nós estamos para solucionalos, sempre o máis axiña posible, atendendo ás súas necesidades; non dubide en consultarnos.

DOMOTICA:

Automatizar a porta do teu garaxe, a porta ou as persianas da túa casa, o peche do teu negocio.... xa non é un imposible, para o que queiras conta connosco. Darémosche rapidamente un orzamento sen compromiso.

NOVAS INSTALACIÓNS E REFORMAS:

Para os teus novos proxectos conta connosco, asesorarémosche e informarémosche sobre todos os aspectos que se axusten mellor ás túas necesidades, tanto para novas instalacións como para as túas reformas. Pídenos o teu orzamento.

AVERIAS:

Diagnosticamos e reparamos calquera tipo de avaría eléctrica. Ponche en contacto connosco e atenderémosche o máis axiña posible.